Ola a todos!
Nesta nova entrada que fixemos entre Brais Gómez, Miguel Rodríguez, Marco Rivadulla e mais eu, ímosvos falar do Hardware, do software e mais das redes que imos comprar-contratar para o noso negocio,”Pick and Roll”, e tamén xustificar por que o eliximos.
Tivemos que comprar 2 ordenadores: un de sobremesa, en un portátil. Tamén era necesario facerse cunha impresora, e, por último, e como non, cun smartphone intelixente.
Comezaremos cos ordenadores.
Os dous son da marca ASUS, unha marca mundialmente coñecida e que sen dúbida che dá moita confianza. Nun primeiro momento iamos coller o outro ASUS, o que é máis barato, pero traía instalado Linux, e aínda que tiña máis portos USB e unha gráfica mellor, presenta un procesador que é inferior e polo tanto a súa velocidade é menor. Ademais a gráfica non é algo que nos importe, xa que non a imos a necesitar. Este é un dos motivos polo que tampouco eliximos o MSI. Simplemente non precisamos un ordenador de gaming, porque sería tirar os cartos.
Para os portátiles, baseámonos no mesmo argumento: os que andan nos 1200€ son de gaming, e polo tanto non nos interesa. Isto lévanos a que elixamos entre o ASUS e o Xiaomi (non sabíamos que Xiaomi tivera PCs), e simplemente as características do ASUS son moito mellores, o procesador, o RAM, a memoria, aínda que si que é certo que a batería non é a mellor. É un portátil de devolución comercial pero cremos que ten total garantía
No tema do Software que levan tanto os PCs coma o móbil facemos unha explicación máis detallada no pdf que poñemos abaixo.
No que se refire á impresora, sendo sinceros, ninguén dos catro, tíña moita idea, polo que tivemos que facer uso do sentido común. Nun negocio, a impresora cobra moita máis importancia que nunha casa, xa que sempre se anda con todo tipo de papeis, facturas e demais. O que pasa, é que no noso negocio non fai falta tantos papeis como nun bufete de avogados, ou nunhas oficinas, polo que decidimos comprar unha que sexa barata pero que cumpra, por iso eliximos a Kyocera M6530cdn
E chegamos ao final, coa elección do smartphone, algo que para case todos é indispensablel. Aquí sempre se tende a pensar na moda e coller o que máis se leva, o Iphone, pero sendo realistas, e considerando as moi boas alternativas asiáticas, Apple é unha marca incrible, cando se fala de dispositivos móbiles. Tanto o seu potente procesador, coma o seu coñecido software, IOs, do que se fala no documento son dun nivel moi alto. E non fai faia comprar o mellor modelo como o XS Max ou o XR, porque mesmo o Iphone 6s, é un smartphone que é dun nivel altísimo, e non falla. E a isto hai que sumarlle que ten unha das mellores baterías do mercado.
Pois isto é todo o Hardware que eliximos. Volvemos remarcar que non vos fiedes das modas e do “postureo”. Comparar o que ides adquirir, é algo moi importante, xa que deixando a un lado o tema dos cartos, axuda a pensar coa cabeza, e ver cal ou que é realmente o que convén facer.
Esperamos que vos sirva!
No hay comentarios:
Publicar un comentario