“Non xulgues unha app pola súa portada”
Actualmente a APP conta tantos coas lecturas obrigatorias de Galego coma as de Castelán
do curso 2018/2019, sendo os das respectivas editoriais recomendadas polo centro. Na
APP tamén se encontran algunhas das bibliotecas máis próximas ao centro, como por
exemplo a Biblioteca Uxío Novoneyra ou a que se encontra en Servizos Múltiples, así como
obras recomendadas.
A idea de crear a APP foi froito da complexidade que hai no que comprenden as lecturas
obrigatorias para o alumno. Estas lecturas son esenciais se o que se quere é aprobar polo
que partindo da base de que todos os alumnos queren aprobar, esta APP pode chegar a ser
moi útil para todo o alumnado do centro independentemente do curso. Con ela poderás
saber de maneira anticipada cales serán as lecturas que tes que ler tendo en conta o curso
no que estás e a materia correspondente. Con isto poderás decidir se ir a unha biblioteca e
conseguilo ou comprar o libro nunha libraría, todo isto con antelación, para así ter o seguro
de que conseguirás o libro e non ter que preocuparte por se o vai a haber na biblioteca ou
se che vai dar tempo a lelo, preocupacións que moita xente ten.
O noso slogan é este:
“Non xulgues unha app pola súa portada”
A APP ten unha boa organización e é moi fácil de utilizar. O primeiro que un encontra é o
logo da APP e o nome, para despois pasar a unha segunda pantalla onde se encontran as
bibliotecas próximas, algunhas recomendacións, e o despregable principal.
Cando se active o despregable que hai arriba á esquerda (As tres liñas horizontais),
abrirase o menú que che da a elixir entre a ESO e o Bacherelato. Elixe o que che
corresponda en entón se especificarán debaixo da opción escollida os seus respectivos
cursos (1oESO-2oESO-3oESO-4oESO e 1oBACH-2oBACH), onde terás que volver a escoller
a túa opción.
dependendo da materia que necesite: Galego ou Castelán.
libros ordenados noutro despregable por se entras directamente ao Blog. Por último
encontrará unha entrada cos todos os libros que terá que ler atendendo ao curso e á
materia elixidas, cada un acompañado dun pequeno resumo e da editorial que se
recomenda.
Esperamos que vos sirva a nosa APP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario